Foi á entrada da aldea de Ollantaytambo, preto do Cuzco. Eu despediume dun grupo de turistas e estaba só, mirando de lonxe as ruínas de pedra, cando un neno do lugar, feble e farrapento, achegouse a pedirme que lle regalase un lapis. Non podía darlle o lapis que tiña, porque o estaba usando en non sei que aborrecidas anotacións, pero ofrecinlle debuxarlle un porquiño na man.
De súpeto, correuse a voz. Da noite para o día atopeime rodeado dun enxame de nenos que esixían, a berros, que eu lles debuxase bichos nas súas manciñas cuarteadas de roña e de frío, peles de coiro queimado: había quen quería un cóndor e quen unha serpe, outros preferían loriños ou mouchos e non faltaban os que pedían unha pantasma ou un dragón.
E entón, no medio daquel barbordo, un desamparado que non erguía máis dun metro do chan, mostroume un reloxo debuxado con tinta negra no seu pulso:
-Mandoumo un tío meu, que vive en Lima -dixo
-E anda ben? pregunteille
-Atrasa un pouco -recoñeceu
Eduardo Galeano
